Dende 1984, cada mes de agosto, a provincia de Ourense recibe a visita de músicos e bailaríns de todo o mundo que participan nun proxecto de música e danza chamado Xornadas de Folclore. As vilas máis representativas da nosa provincia son o escenario no que cada verán se dan cita os espectadores e os artistas, embaixadores do folclore dos seus respectivos países. Durante dez días, as máis de catrocentas persoas que reúne cada edición do festival, intercambian a súa música e baile tradicional cos aplausos, hospitalidade, cariño e agradecemento dos nosos paisanos, ao tempo que gozan das paisaxes e monumentos da provincia, así como da súa gastronomía, converténdose dende ese momento en emisarios da nosa terra e da nosa cultura ante o resto do mundo.
A expectación coa que o público agarda a chegada das Xornadas de Folclore é a mellor garantía de continuidade para este festival que xa ten recibido a máis de dez mil artistas procedentes de máis de cen países dos cinco continentes e ao que anualmente asisten, de xeito totalmente gratuíto, unha media de vintecinco mil espectadores.
FESTIVAL 2022 EDICIÓNS ANTERIORES OUTRAS ACTIVIDADES GALERIA / DESCARGAS
CONTACTO:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf./Fax 0034-988317880
XORNADAS DE FOLCLORE
Apdo. 484
32080-Ourense - España