Centro Cultura Popular Xaquin Lorenzo

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

CONGRESOS, CONFERENCIAS, EXPOSICIÓNS

Coa intención de facer de nexo entre a poboación, a cultura popular e a comunidade académica, o Centro de Cultura Popular participa dun xeito activo na organización de congresos, conferencias e exposicións relacionados coa cultura da nosa terra. O Congreso do Patrimonio é o evento máis destacado, dende o cal se fai unha análise detallada da cultura tradicional galega legada polos nosos ascendentes. Pero o Centro tamén colabora coa difusión da nosa tradición organizando exposicións sobre a vestimenta e oficios tradicionais, así como ofrecendo conferencias sobre os máis diversos temas relacionados coa cultura popular, e participando tamén en proxectos de outras organizacións. Coa colaboración de antropólogos, historiadores, profesores, investigadores e estudosos, e a través de todas estas actividades, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo pretende facer a todos máis próximo o familiar noso rico patrimonio tanto material como inmaterial. 

CONGRESOS                                                                      EXPOSICIÓNS

 CONTACTO: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf./Fax 0034-988317880
CENTRO DE CULTURA POPULAR “XAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ”
Apdo. 484
32080-Ourense - España