No ano 2003 o CCP Xaquín Lorenzo, en colaboración coa Faculdade de CC. da Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), organizou o I Congresos de Patrimonio Etnográfico Galego, tendo como tema central a figura do etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas. Nel participaron etnógrafos, antropólogos, historiadores, arquitectos, profesores, conservadores de museos, avogados, médicos e empresarios, que deron luz sobre a figura de Lorenzo Fernández, a situación do noso patrimonio cultural e o seu futuro. O éxito deste primeiro congreso deu pé a que máis adiante se repetira tratando outros temas como o patrimonio cara o S. XXI, o Entroido ou Camiño de Santiago.
Actas dos catro Congresos sobre o Patrimonio Galego realizados até o momento:
- I Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. In memoriam Xaquín Lorenzo Fernández
- II Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O patrimonio no Século XXI
- III Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O ciclo do Entroido. Galería de fotos.
- IV Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. Os camiños de Santiago.
- V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O afiador e outras técnicas artesanis de comunidades rurais
Información sobre o V Congreso de Patrimonio:
- V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O afiado e outras técnicas artesanai. Galería de fotos.