Noticias

ABERTA A MATRÍCULA PARA O CURSO 2026-2027

A Escola Provincial de Danza do CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense abre dende o 15 de setembro a matrícula para o curso 2026-2027 que dará inicio o Luns 5 de Outubro para as actividades de Baile, Pandeireta e Canto, e de Gaita para acompañamento de grupos de baile. As clases organízanse en grupos segundo a idade e o nivel de Luns a Venres de 17.30 a 21.00 horas, e poden participar todas as persoas maiores de 5 anos unha vez realizada a matrícula que continuará aberta durante o mes de outubro até cubrir as prazas dispoñibles.

O  Obradoiro de Tecido Tradicional requirirá unha pre-inscrición do 15 ao 30 de setembro, e unha vez confirmada a praza poderase tramitar a matrícula.

O pagamento dos prezos públicos realizarase, despois da confirmación de praza, segundo o modelo de autoliquidación habilitado para tal efecto pola Deputación de Ourense na sede electrónica (https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/Public?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CREARLIQNOAUT) en calquera das entidades bancarias colaboradoras que se indiquen no impreso, nas oficinas de Correos ou a través da pasarela de pagos da sede electrónica da Deputación Provincial de acordo co estipulado no BOP núm. N.º 120 | Luns, 29 de Xuño de 2026. Posteriormente deberán presentar o impreso de matrícula e o xustificante do pago nas instalacións da Escola de Danza, Pz. Daniel González, núm. 4, local 7.

Para máis información poden chamar ao teléfono 988317880 ou no correo electrónico ccpescoladanza@depourense.gal

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.