Romaría Raigame

Introdución

En 2002, dende o Centro de Cultura Popular e co patrocinio e colaboración do Concello de Celanova e a Deputación de Ourense, xurdiu a idea de organizar unha romaría para celebrar o día das Letras Galegas pondo en valor as tradicións e costumes do noso país. Enmarcado na vila de Vilanova dos Infantes, cada 17 de Maio ofrécese aos visitantes espectáculos de música, danza e teatro, mostras de artesáns en vivo, exposicións etnográficas, xogos populares, concursos e gastronomía.