Obradoiros

Obradoiros e actividades tradicionais

Dende o primeiro momento da creación do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, un dos seus obxectivos foi a posta en marcha de diferentes obradoiros relacionados con oficios e outras actividades tradicionais, coa idea de dálos a coñecer e así colaborar en evitar a súa desaparición. Elaborouse un programa de ensinanza orientado tanto a adultos como a nenos e mozos, para que dun xeito ameno e sen grandes esforzos, os alumnos puideran chegar a adquirir os coñecementos básicos das actividades en cuestión.

Contacto

Telf./Fax0034-
988317880

ccpxaquinlorenzobradoiros@depourense.es
CCP “XAQUÍN LORENZO”-OBRADOIROS
Apdo. 484
32080-Ourense - España

Xogos populares

Este obradoiro ten como obxectivo recuperar, divulgar e revitalizar xogos e modos de divertimento hoxe esquecidos polos nosos nenos e mozos. Mediante a organización de cursos nos que se forman monitores especializados en xogos populares, así como obradoiros que se levan a todos os colexios da provincia de Ourense, o Obradoiro de Xogos Populares conta cun equipamento que lle permite poñer en práctica actividades como a billarda, a porca, o xogo de aros, a chave, etc.

  • Xogos: Porca, Ra, Billarda, Bolos, Aros, Zancos…
  • Galería de imaxes: campamentos, colexios, cursos…

Teares

Dirixido pola artesá ourensá Concha Outeiriño, este obradoiro vai orientado a alumnos cunha idade de dez anos en adiante, no que aprenderan as distintas técnicas de tecido tradicional, os produtos textís, a creación de deseños tradicionais e propios.

  • Cursos 2015-2016-2014:
    • 1º curso Outubro-Xaneiro
    • 2º curso Febreiro-Maio

Galería de fotos

Bordados

Mediante este obradoiro apréndense as antigas técnicas de bordado de traxes con pedrería, o que permite crear unha ampla serie de modelos de bordados para os traxes do Centro.

Galería de fotos

Cestería

A partires da experiencia de vellos artesáns e dirixido a persoas de máis de 10 anos, mediante este obradoiro centrado na cestería en vimbio, os alumnos realizarán cestas, cestos, bandexas, canistrelos, etc., hoxe substituídos por obxectos industriais comercializados en supermercados, e tamén se poderá aprender a traballar con xungos para facer corozas.

Galería de fotos

Fiado

Orientado a nenos de oito anos en adiante, e contando coa colaboración de fiandeiras anciáns, en algúns casos avoas dos propios alumnos, pretende ensinar non só a técnica do fiado da la e do liño, senón achegar un modo de vida, de traballo e de divertimento hoxe desaparecido, da boca das propias persoas que viviron aquelas experiencias nos fiadeiros.

Galería de fotos